Do 30 de novembro ao 2 de decembro celébrase en Pontevedra a cita anual da cultura feita en Galicia. Culturgal, que chega a súa décimo primeira edici

CULTURGAL 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra

  • Vews: 3,452
38
Shared

Event CULTURGAL 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra

Performing & Visual Arts CULTURGAL 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra

CULTURGAL 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra

CULTURGAL 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra Performing & Visual Arts
CULTURGAL 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra Lesotho
  • Lesotho
  • Start: Nov 30 2018 11:00
  • Finish: Dec 02 2018 20:00
  • Time zone: Europe/Madrid
This event is finished
Do 30 de novembro ao 2 de decembro celébrase en Pontevedra a cita anual da cultura feita en Galicia. Culturgal, que chega a súa décimo primeira edición, enche todo o recinto do Pazo da Cultura de Pontevedra de expositores e actividades. Unha cita ideal para coñecer todo o que virá en libro, cine, teatro ou música e, por que non, para adiantar as compras dos presentes navideños. Máis de 80 stands e máis de 120 actividades durante os 3 días de Feira congregan anualmente a preto de 15.000 persoas en Pontevedra. Para todos os públicos, así é Culturgal. A Feira conta con varias áreas e escenarios nos que se desenvolve a programación: a Carpa para os directos de música, o Espazo Libro no que conversas, debates, sinaturas e presentacións danlle protagonismo á produción literaria, o Escenario Infantil dedicado ao público máis novo cunha ducia de espectáculos durante os tres días ou o Foro, un espazo heteroxéneo que o venres se centra en programación dirixida a profesionais da cultura.  En 2018, por segundo ano consecutivo, o Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma perto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de catro mil oitocentos metros cadrados do recinto feiral pontevedrés. ENTRADAS CULTURGAL Entrada. adulto 3€ Entrada. infantil 2€ Pack familiar 2 adultos+3infantil. 10 euros Pack familiar 2 adultos+4 infantil. 11 euros Entrada Grupos. Mínimo 10 persoas. 2€ persoa CULTURGAL EN AUTOBÚS Queremos que veñas comodamente a Culturgal vivas onde vivas. En 2018, cinco cidades, cinco puntos de saída e retorno en autobús. Porque non queremos que quedes sen vir. Porque Culturgal é a Feira da cultura feita en toda Galicia. Si, desde Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense, tes un pack de viaxe máis entrada á Feira. Saídas o sábado 1 decembro ás 10.30 h e regreso ao peche da feira. As prazas son limitadas.  Entrada + Autobús. Só para sábado 1 de decembro. Saída ás 10.00 h das localidades con regreso ás 20.00 h Ferrol. 14€ Coruña. 14€ Santiago. 12€ Lugo. 14 ESPECTÁCULOS DE PAGO Ademais radio e televisión en directo, programación nos propios stands, moitas sorpresas e espectáculos especiais no Auditorio do Pazo.  Carlos Núñez en directo será o protagonista da noite do sábado 1 de decembro na Feira coa súa xira “A Irmandade dos Celtas”, cuxas entradas xa están á venda en ticketea. Na véspera, o venres 30 velada de artes escénicas con Inversa Teatro e a obra “Sofía e as Postsocráticas” e para o domingo 2 de decembro hai dúas propostas seleccionadas para público familiar: OVIRAVAI e Xoán Curiel. Así mesmo en 2018  Culturgal estrea área gastronómica, con mesmo horario de funcionamento que a Feira.Sofía e as Postsocráticas. Inversa Teatro. Auditorio Pazo da Cultura, 30 novembro. 10 € - Inversa Teatro, Sofía e As Postsocráticas 30 novembro 21.30 h. Auditorio Pazo da Cultura Entrada General. 10 € - Carlos Nuñez. Sábado 1 decembro 21.30 h. Auditorio Pazo da Cultura Zona A. 24 € Zona B. 19 € Zona C. 17 € Zona D. 15 € - OVIRAVAI. Domingo 2 decembro 12.00 h. Auditorio Pazo da Cultura 5,50 € Entrada única - Xoan Curiel. A Casa Do Terror,  2 decembro 18.00 h. Auditorio Pazo da Cultura 5,50 € Entrada única MÁIS INFORMACIÓN Visita a nosa web:  culturgal.com 

Other Events in Lesotho